Concello de Sanxenxo - AS MELLORAS DA CONTORNA DA CAPELA DE ARRA E DO PAVILLÓN E O CENTRO DE DÍA EN BALTAR AVANZAN PESE Á PERSISTENTE CHUVIA.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As dificultades que está xerando a chuvia non vai impedir que as dúas actuacións estean rematadas na primavera.

Sanxenxo, 16 de febreiro de 2026.- A humanización do núcleo de Arra e a mellora paisaxística e urbana da contorna do pavillón de deportes e o centro de día de Baltar son dúas actuacións financiadas polo Plan + Provincia da Deputación valoradas en 480.000 €. As continuas chuvias, loxicamente, están dificultando a marcha das obras, pero en ambos os casos cumprirase o obxectivo de que os veciños poidan desfrutalas esta primavera.

As dúas melloras, na parroquia de Adina, están relativamente preto unha da outra, pero teñen obxectivos diferentes. No caso de Arra trátase do embelecemento do núcleo rural e a contorna da capela, que inclúe nova pavimentación, mellora dos muros, soterramento de tendidos eléctricos e de telefonía e iluminación para resaltar a beleza que caracteriza ese espazo (adxuntamos dúas fotos).

A mellora de Baltar, o pavillón e o centro de día, ten como obxectivo a harmonización paisaxística e urbana da zona e a creación de espazos de ocio, con sendas, bancos, axardinamento, nova iluminación e unha pista de pump track (adxuntamos foto).

A actuación tamén inclúe a substitución da cuberta exterior do centro de día e a instalación dun toldo. Ademais, o goberno leva tempo traballando na preparación dun novo concurso de xestión do centro de día. Como en anteriores concursos, o obxectivo é seguir mellorando a atención das 80 familias que se benefician a diario deste equipamento social.

0
0
0
s2sdefault