Concello de Sanxenxo - CANELAS CONTA CUNHA NOVA PASARELA CON ILUMINACIÓN LED NO ACCESO PRINCIPAL AO AREAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Conclúe a reparación do muro da Avenida de Galicia e a demolición das vellas casetas que afeaban a contorna

Sanxenxo, 23 de febreiro de 2026.- O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron esta mañá a nova pasarela de acceso á praia de Canelas con iluminación led. Unha actuación que mellora a accesibilidade ao areal e é respectuosa co espazo dunar. O investimento ascendeu a 31.291 euros.

Martín agradeceu o investimento da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, para poder levar a cabo esta mellora cunha pasarela fixa e iluminada. “Somos o concello de Europa con máis bandeiras azuis e dos que máis coidamos as praias e agradecemos estas inversións da Xunta. Non podemos dicir o mesmo de Costas que non invirten nin un euro en Sanxenxo nin tan sequera polos danos dos temporais”, apuntou.

Reguera indicou que “a Xunta de Galicia é moi consciente do potencial turístico de Sanxenxo en Galicia e, por iso, queremos apoiar todas aquelas accións de mellora ambiental e de accesibilidade. Sanxenxo aposta por un turismo de calidade e que fomente unha economía sostible e favorable”.

Aproveitando a visita do delegado territorial, desprazouse xunto ao alcalde á reparación do socavón no muro de contención da Avenida de Galicia onde os traballos están a piques xa de concluír tras o peche do burato no muro e a demolición das vellas casetas que afeaban a contorna. Unha actuación asumida integramente con fondos municipais

0
0
0
s2sdefault