Concello de Sanxenxo - O GRUPO DE TEATRO MARUXÍA DO CLUB DE XUBILADOS DE PORTONOVO SÚBESE AO ESCENARIO DO AUDITORIO PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A representación, que inclúe dúas obras, “El rastrillo solidario” e “O Telexornal”, será este domingo, ás 18:30 horas

Sanxenxo, 8 de abril de 2026.- O Auditorio Emilia Pardo Bazán acollerá este domingo, ás 18:30 horas, dúas obras de teatro, “El rastrillo solidario” e “O Telexornal”, interpretadas polo grupo de Teatro Maruxía do Club de Xubilados de Portonovo baixo a dirección de Hugo Andrade. A entrada poderase adquirir por anticipado en Ataquilla ou o propio día con tarxeta por un prezo de 3 euros. A actuación enmárcase dentro do programa “Sanxenxo no foco”, elaborado pola Concellería de Cultura, dirixida por Xoán Pérez.

En total serán 16 actores e actrices, de entre 63 e 87 anos, os que se suban ao escenario para asegurar unha tarde de risas e diversión. “Tienen moito mérito polo traballo que hai detrás e o tempo que lles dedican cada semana ao estudo e despois á interpretación. A idea é pasalo ben, rir e socializar”, apunta Hugo Andrade.

Trátase dun espectáculo composto por dúas comedias teatrais interpretadas por un elenco senior, demostrando que o teatro é unha ferramenta para a participación activa, a creatividade e a dinamización cultural a calquera idade. A actuación está pensada para todos os públicos e combina humor, crítica social e identidade local, ofrecendo ademais unha proposta bilingüe: unha peza en español e a outra en galego.

En “O Telexornal” abordarase noticias locais sempre desde unha perspectiva cómica, mentres que en “El rastrillo solidario”, os veciños dun pobo únense para recadar fondos para reparar o castelo dun rico destruído tras un incendio.

0
0
0
s2sdefault