Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORARÁ OS PARQUES INFANTÍS MUNICIPAIS NAS SETE PARROQUIAS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A actuación rondará os 249.500 euros e será financiada polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Sanxenxo, 9 de abril de 2026.- O Concello de Sanxenxo mellorará os parques infantís nas sete parroquias de Sanxenxo tras unha profunda revisión das instalacións de xogo. A actuación rondará os 249.500 euros e será financiada polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O obxectivo é mellorar os espazos lúdicos infantís e unificar o mobiliario, pavimentacións e xogos. O prazo das obras estímase en cinco meses.

  1. Parque de Areas: Prevese a renovación do pavimento con céspede artificial, substitución dos elementos do columpio, substitución das pezas en mal estado e procederase ao lasurado de todos os elementos de madeira. Instalarase un novo colector de lixo. Colocación de cartel informativo.

  2. Parque de Outeiro (Bordóns): Colocación dun novo pavimento, renovación de columpios e do niño e substitución das pezas en mal estado. Colocación de cartel informativo.

  3. Parque de Punta Vicaño: Substitución da torre multixogos, mellora dos elementos de madeira e plástico, novo niño e columpios. Colocación de cartel informativo.

  4. Parque Miraflores: Nova torre de xogos, renovación do pavimento, novo columpio e renovación de muíños. Instalaranse dous novos bancos e un colector de lixo. Colocación de cartel informativo.

  5. Parque Campo de San Roque: Renovación do pavimento e recuperación dos elementos de xogo. Colocación de cartel informativo.

  6. Parque Seame: Substitución da base da torre de xogos e lasurado de protección dos elementos. Colocación de cartel informativo.

  7. Parque Plaza Pública de Adina: Renovación dun tramo de peche.

  8. Parque Campo de Festa de Arra: Substitución de todos os elementos de xogo e do pavimento. Colocación de cartel informativo.

  9. Parque Soutullo: Puxe a punto dos elementos de xogo e colocación de cartel informativo e revisión. Colocación de cartel informativo.

  10. Parque de Xuncablanca: Renovación de novo pavimento, niño e pezas de xogo. Colocación de cartel informativo.

  11. Parque Salgueira: Revisión de pezas de xogo. Colocación de cartel informativo.

  12. Parque Xuncablanca: Renovación de céspede e dos elementos de xogo. Colocación de cartel informativo.

  13. Parque Capilla Gondar: Renovación total dos xogos con nivelación e recheo do terreo. Colocación de cartel informativo.

  14. Parque de Nantes: Consolidación da senda de acceso con iluminación. Renovación da superficie e dos elementos de xogo. Colocación de cartel informativo.

0
0
0
s2sdefault