Concello de Sanxenxo - O CONCELLLO PUBLICA AS LISTAS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 13 de abril de 2026.- O Concello acaba de publicar as listas definitivas dos admitidos de novo ingreso nas escolas infantís municipais.  Habilitanse  listas de espera nas aulas 1-2 tanto da EIM O Revel como da EIM O Tombo e quedan prazas nos grupos 0-1 e 2-3 das dúas escolas. A información pode consultarse no tablón de anuncios da Sede Eléctronica de Terra e na web municipal.

A partir de agora unicamente se poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de residencia da unidade familiar ao Concello de Sanxenxo.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 18 e o 29 de maio de 2026 (ambos inclusive). Presentarase preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación. Gracias ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa é gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios. As vacantes que se produzan ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os nenos que formen parte da listaxe de agarda e que poderá sufrir modificacións en función das correspondentes baremacións.

Download this file (EIM_AUTORIZACIÓN DO OUTRO PROXENITOR_NOVO INGRESO_CAMBIO CENTRO_BAIXA_galego.pdf) [PDF] RESOLUCIÓN PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS, NON ADMITIDOS E DE AGARDA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE O TOMBO E O REVEL PARA O CURSO ESCOLAR 2026/27

0
0
0
s2sdefault