Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVARÁ E AMPLIARÁ A MAQUINARIA DO GIMNASIO MUNICIPAL POR 138.951 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A substitución e mellora obrigará a pechar a instalación deportiva desde o 19 ata o 23 de abril, ambos incluídos

Sanxenxo, 14 de abril de 2026.- O Concello de Sanxenxo renovará e ampliará a maquinaria do ximnasio municipal por 138.951 euros. A mellora realizarase mediante o sistema de renting e terá unha duración de catro anos. Durante este período, a empresa adxudicataria encargarase do mantemento preventivo e correctivo, a reparación e arranxo das averías dos bens subministrados, incluídas pezas, man de obra, desprazamentos e demais necesarios para o seu correcto funcionamento; así como o relevo de calquera máquina ou elemento por outro das mesmas características.

A renovación e substitución da maquinaria actual obriga ao peche do ximnasio desde este domingo 19 ata o xoves 23, ambos incluídos. A piscina e o resto das instalacións do edificio funcionarán con normalidade.

O novo contrato inclúe como máquinas cardiovasculares: 6 cintas de correr, 4 bicicletas verticais, 2 bicicletas horizontais, 5 bicicletas indoor, 1 bicicleta hiit, 1 ergómetro de esquí nórdico, 1 remoergómetro, 3 elípticas, 1 elíptica de paso variable e 1 máquina de subir escaleiras.

En canto ás máquinas de musculación inclúense: 1 press de peito e ombros, 1 remo sentado, 1 remo en T, 1 máquina deltoides contractora dual, 1 dominadas e fondos con asistencia, 1 máquina de bíceps/tríceps dual, 1 abdominal, 1 extensión de cuádriceps, 1 abductores dual, 1 máquina de glúteos, 1 femoral tumbado, 1 xenro sentado, 1 máquina hip thrust, 1 prensa de pernas, 1 máquina squat 2 torres de catro estacións, 1 multipower e 1 multicrossover con dobre polea axustable.

O contrato tamén inclúe bancos e soportes de musculación, discos, barras, mancueras e outros accesorios deportivos.

0
0
0
s2sdefault