Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LICITA UN NOVO TRAMO DE PLATAFORMA ÚNICA DESDE AS RÚAS OURENSE ATA ROSALÍA DE CASTRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


A actuación sae a contratación por 396.850 euros e un prazo de execución de 3 meses

Sanxenxo, 20 de abril de 2026.- O Concello de Sanxenxo acaba de licitar un novo tramo de plataforma única con lastro azul no Paseo de Silgar desde a Rúa Ourense até a Rúa Rosalía de Castro. A actuación incluirá a mellora do pavimento na beirarrúa do lateral da praia e a adaptación da varanda á normativa vixente desde a Rúa Rosalía de Castro até o Miradoiro de Sanxenxo. A obra sae a contratación por 396.850 euros e un prazo de execución de 3 meses.

As principais actuacións proxectadas consisten en:

- Pavimentación da calzada con lastros prefabricados de cor azul de 10 centímetros de espesor para eliminar a barreira arquitectónica que actualmente supón o bordo á hora de habilitar unha plataforma compartida para vehículos e peóns.
- Na beirarrúa do paseo demolerase o pavimento de lousas prefabricadas existente e construirase un novo pavimento composto por laxas de granito, de acabado abujardado.
- A varanda de pedra existente retirarase e no seu lugar colocarase unha nova varanda metálica de aceiro inoxidable.
- Construirase un novo banco xardineira formado por pezas de granito curvilíneas e engadirase a nova sinalización para informar da plataforma compartida.

Hoxe tamén se licitou a ordenación de circulación de tráfico rodado na Rúa Vigo, o Paseo de Silgar e o Camiño de Baltar para incrementar a seguridade peonil e viaria. A actuación ten un custo de 349.054 euros e un prazo de 3 meses.

As principais actuacións proxectadas consisten en:

- Ampliación de beirarrúa no Paseo de Silgar (maior extensión dedicada ao paso de peóns), mellorando a accesibilidade e os espazos de aparcadoiro.
- Reordenación do acceso desde a estrada PO-308 ao Paseo de Silgar.
- Mellora do cruzamento do Paso Praia Silgar e a Rúa de Vigo, adaptándoo para que sexa posible o xiro de vehículos de gran tamaño.
- Eliminación do estrechamiento existente no Camiño de Baltar para dotar á vía de dous carrís de circulación e beirarrúas a ambas as marxes.
- Actuacións que propicien unha redución da velocidade e reordenación de cruces.

0
0
0
s2sdefault