Concello de Sanxenxo - O ALUMNADO DO IES VILALONGA COMPETIRÁ NA FINAL DO CONCURSO DE EMPRENDEMENTO FP INNOVA TECH
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dous grupos con dous retos, o de L’Oreal e o de Veolia, lograron sendos postos entre máis de 500 equipos.

Sanxenxo, 21 de maio de 2026.- Dous equipos de alumnos do Ciclo Superior de Administrativo competirán na final do concurso de emprendemento convocado pola Xunta de Galicia, FP Innova Tech, no que 20 empresas propoñen retos para resolver polo alumnado.

En total, había máis de 500 equipos participantes e só 60 finalistas, entre os que se atopa o IES Vilalonga que, por primeira vez, compite con dous equipos:

  1. Reto L'Oreal: Innovación dixital para a xestión integral de salóns de peiteado. Gemma Sineiro, Andrés González, Lucía Pérez e Iago Montenegro desenvolveron unha app para a xestión integral de salóns de peiteado. É unha aplicación que serviría tanto para os salóns de peiteado do centro das cidades como para un salón do rural.
  2. Reto Veolia: Economía circular a través da peletización de residuos de desbroce. Marco Germaná, Nicolás Vidal, Miguel Ángel Reyes e Roi Bravo deseñaron un sistema para sacar rendemento aos residuos que agora van directos ao vertedoiro.

O 4 e 5 de xuño celebrarase a fase final en Ourense. Terán que expoñer os seus proxectos no formato elevator pitch cunha duración de 5 minutos.

0
0
0
s2sdefault