Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORA NOVE RÚAS NO CENTRO DA VILA DE SANXENXO E A CONEXIÓN CON PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación, cun custo de 349.054 euros, obrigou a activar un plan alternativo de tráfico rodado entre o 2 e o 18 de xuño

Sanxenxo, 29 de maio de 2026.- O Concello de Sanxenxo pavimentará e mellorará nove rúas do centro da vila de Sanxenxo e da conexión con Portonovo. A actuación, cun custo de 349.054 euros, obrigou a activar un plan alternativo de tráfico rodado entre o 2 e o 18 de xuño. O acceso ao porto e ao Paseo de Silgar realizarase pola Avenida Luis Rocafort durante o período que duren as obras.

O cronograma dos traballos será o seguinte:

• Rúa Luis Vidal Rocha (2 de xuño)
• Rúa Castelao (3 e 4 de xuño)
• Rúa Ramón Cabanillas (5 de xuño)
• Primeiro tramo da Rúa Vigo (8 de xuño)
• Segundo tramo da Rúa Vigo e Camiño de Baltar (9 e 10 de xuño)
• Terceiro tramo da Rúa Vigo e tramo do Paseo de Silgar (11 e 12 de xuño)
• Rotonda de Baltar (15 e 16 de xuño)
• Tramo da Circunvalación (17 e 18 de xuño)

Durante os traballos na Rúa Luis Vidal Rocha, a parada de taxis trasladarase temporalmente ao Paseo de Silgar.

0
0
0
s2sdefault