Concello de Sanxenxo - O COLEXIO DE PORTONOVO ACOLLE UNHA MASTERCLASS SOBRE SEGURIDADE VIARIA COS POLI PACO DE SANXENXO E DE SEVILLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O axente de Mairena de Aljarafe, Eduardo Barrero, recoñecido polo seu labor nesta materia, visitou Sanxenxo e realizou unha actividade co alumnado.

Sanxenxo, 19 de xuño de 2026.- O colexio de Portonovo contou esta mañá coa visita de dúas referencias en materia de seguridade viaria: Abelardo Martínez e Eduardo Barrero, os Poli Paco de Sanxenxo e Mairena de Aljarafe, respectivamente. Ambos son compañeiros de profesión e comparten a súa paixón por ensinar desde a base as normas de circulación dun xeito lúdico aos máis pequenos. Entre os dous acumulan decenas de premios nacionais, locais e provinciais que avalan o seu labor en materia de seguridade viaria, como a Medalla de Ouro ao Mérito en Educación Viaria ou o premio Ponle Freno, entre outros.

O patio do centro educativo acolleu toda unha exhibición de medios policiais e de emerxencias, así como un circuíto de bicicletas no que colaborou New Bike de Portonovo e a mostra dun vehículo de competición cedido por Garaxe Progreso, no que os escolares puideron comprobar as medidas de seguridade dun vehículo destas características.

As aulas convertéronse tamén no escenario dunha sesión cos monicreques do Poli Paco, que permitiu transmitir dun xeito próximo e divertido algunhas das normas que garanten unha circulación segura, tanto para peóns como para vehículos.

0
0
0
s2sdefault