Concello de Sanxenxo - OS SOCORRISTAS REALIZARON 763 INTERVENCIÓNS NAS SEIS PRAIAS CON VIXILANCIA DURANTE O MES DE XUÑO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A facturación do aparcadoiro de Nauta foi a máis alta da serie histórica no sexto mes do ano

Sanxenxo, 7 de xullo de 2026.- O balance das primeiras intervencións dos socorristas durante o mes de xuño nas praias de Areas, Silgar, Montalvo, Canelas, Foxos e Espiñeiro-A Lanzada arroxa 763 atencións. O servizo de vixilancia activouse o pasado 12 de xuño as fins de semana nas catro praias máis concorridas e, posteriormente, de forma continuada ao longo da semana neses mesmos areais e as fins de semana en Foxos e A Lanzada.

O maior número de intervencións, 308, realizáronse por recollida de residuos, seguidas das contusións (131) ou das picaduras de faneca (113). Os avisos por incumprimento de ordenanzas ascenderon a 131, dos cales 40 concentráronse en Canelas e 36 en Montalvo. As embarcacións realizaron 10 intervencións para advertir a usuarios fóra da zona de baño (7) e por avisos relacionados con táboas ou pedaletas (3). Neste caso, o maior número de actuacións rexistrouse en Silgar.

En canto ao número de asistencias nas praias, Canelas sitúase á cabeza con 246 incidencias, seguida de Silgar (181), Areas (144), Montalvo (141), Foxos (35) e Espiñeiro-A Lanzada (16). Finalmente, o servizo de vixilancia foi requirido durante o mes de xuño para facilitar o uso das cadeiras anfibias ou muletas dispoñibles no areal ata en 8 ocasións, 6 na praia de Silgar e 2 en Canelas.

Aparcadoiro de Nauta

Por outra banda, a facturación do aparcadoiro público de Nauta Sanxenxo alcanzou o pasado mes de xuño os 81.695 euros. Trátase da cifra máis alta da serie histórica rexistrada no sexto mes do ano desde a súa apertura. Un total de 15.505 vehículos pasaron polo estacionamento, cunha estancia media de 2 horas e 40 minutos.

0
0
0
s2sdefault