Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO COLABORA NA POSTA A PUNTO DO TERREO DE XOGO DO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN PEDRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

 

Sanxenxo, 10 de xullo de 2026.- O Concello de Sanxenxo colabora na posta a punto do terreo de xogo do campo de fútbol de San Pedro. Unha empresa está a traballar con distintos tipos de insecticidas na erradicación da praga do grilo toupa, que provoca irregularidades no campo e afecta á súa planimetría. Ademais, procedeuse á aireación do terreo con nova area de sílice tras unha escarificación do solo antigo.

Unha vez rematados estes traballos previos, procederase á resementeira do céspede con distintas especies de sementes de máxima calidade e area de recebo. Posteriormente, continuarase cun plan de abonados e fertilizacións para que os traballos dean o mellor resultado posible, acompañados dos regos pertinentes.

O obxectivo é que o 2 de agosto, cando está previsto un partido que enfrontará ao Vilalonga F.C. co Racing de Ferrol, o terreo estea xa en condicións para a práctica deportiva. En todo caso, o resultado dos traballos non é inmediato, senón de base, polo que será preciso continuar coas tarefas de mantemento e vixilancia para acadar un resultado óptimo.

Deste xeito, o Concello quere colaborar co Vilalonga F.C., que, tras unha dura tempada, conseguiu manter a categoría de Preferente ao rematar no noveno posto da clasificación.

0
0
0
s2sdefault