Concello de Sanxenxo - A CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN IMPULSA O NOVO CURSO ESCOLAR CON 17 ACTIVIDADES PARA COLEXIOS E INSTITUTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O programa aborda distintas temáticas como a educación ambiental, a seguridade viaria, a igualdade e o coñecemento da contorna

Sanxenxo, 22 de setembro de 2026.- Os colexios e institutos do municipio disporán este curso escolar dun amplo programa con 17 actividades. Co obxectivo de colaborar cos centros educativos e complementar a formación, a Concellería de Educación, dirixida por Nati Parada, propón un plan no que se abordan distintas temáticas como a educación ambiental, a seguridade viaria e os primeiros auxilios, a igualdade, o coñecemento da contorna, así como o benestar emocional e psicosocial na adolescencia.

Os centros poderán optar ás seguintes actividades, divididas por temáticas e grupos de idade:

  1. Maxia vs Ciencia

  2. O Bosque Atlántico. Actividades para coñecer as especies arbóreas orixinais do subsector bioxeográfico “Rías Baixas”

  3. Bandeiras Azuis e Sendeiros Azuis: Desfrute sostible da nosa contorna

  4. Educación viaria na escola

  5. Curso básico de Primeiros Auxilios

  6. Creando Axentes de Igualdade

  7. O bo trato: Unha proposta educativa contra a violencia de xénero

  8. Non pasa de moda

  9. Medrando

  10. É a túa escola, es ti: Obradoiro sobre o acoso e mellora da convivencia

  11. Servizo de Atención e Orientación Psicopedagóxica para familias

  12. Coñece a cerámica castrexa

  13. Coñece a túa biblioteca

  14. Coñece o teu mercado

  15. Coñece o Pazo de Quintáns e o Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas

  16. Coñece o Centro de Interpretación da Telleira

  17. Coñece o Aviador Piñeiro

Para poder optar ás actividades propostas, cada centro deberá remitir unha solicitude a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 16 de outubro.

0
0
0
s2sdefault