Concello de Sanxenxo - SANXENXO PROMOVE “DIÁLOGOS INTERXERACIONAIS” PARA PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO CON MOTIVO DO 25-N
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O proxecto concluirá cun debate, formado por seis mozos e seis persoas maiores, moderado polo sociólogo Jorge García Marín

Sanxenxo, 11 de novembro de 2026.- Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Sanxenxo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha o proxecto “Diálogos Interxeracionais”. A concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, sinala que o obxectivo é “crear un espazo de encontro e aprendizaxe mutua entre a mocidade e as persoas maiores do municipio para reflexionar sobre a evolución das relacións afectivo-sexuais, identificar elementos de desigualdade persistentes e previr a violencia machista desde unha mirada crítica e compartida”.

O proxecto parte dunha premisa fundamental: conectar o control presencial tradicional coas novas formas de vixilancia dixital que afectan ás xeracións máis novas. Deste xeito, búscase evidenciar que, malia cambiar os formatos e as tecnoloxías, o fondo e a raíz machista das condutas de control seguen sendo os mesmos.

Catro fases de traballo comunitario e audiovisual

O programa estrutúrase a través de obradoiros vivenciais divididos en catro fases principais:

  1. Traballo coa mocidade (ESO): Sesións dinámicas con alumnado de 3º da ESO dos centros educativos do municipio para abordar a evolución das relacións afectivo-sexuais e as desigualdades actuais. Nestes encontros recolléronse testemuños en formato audiovisual.

  2. Espazo de diálogo coas persoas maiores: Realízase unha charla participativa centrada en recuperar a memoria colectiva sobre como eran as relacións de parella na súa mocidade, os roles tradicionais e a normalización de condutas que hoxe se identifican como violencia.

  3. Produción audiovisual: Elabórase unha peza documental de carácter divulgativo que integrará as voces e experiencias de ambos os colectivos, xerando un forte impacto emocional e pedagóxico.

  4. Debate interxeracional: A actividade culminará o mércores 25 de novembro de 2026, no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ás 10:30 horas, cunha xornada institucional aberta a toda a veciñanza na que se presentará o resultado deste traballo conxunto e terá lugar o debate interxeracional. Haberá unha mesa redonda de 60 minutos moderada por Jorge García Marín, sociólogo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto en xénero e novas masculinidades. Nela participarán tres mozos en representación de cada centro educativo, xunto con seis persoas maiores, para poñer en común aprendizaxes e puntos de vista.

A actividade culminará o mércores 25 de novembro de 2026, no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ás 10:30 horas, cunha xornada institucional aberta a toda a veciñanza na que se presentará o resultado deste traballo conxunto e terá lugar o debate interxeracional.

Con esta acción, o Concello de Sanxenxo reafirma o seu compromiso coa igualdade e a prevención comunitaria, apostando por sumar a sabedoría acumulada das persoas maiores co impulso crítico da mocidade para construír un futuro libre de violencias machistas.

0
0
0
s2sdefault