A Concellería de Festas ten como obxectivo principal o fomento da participación nas distintas manifestacións culturais e lúdicas celebradas durante todo o ano nas distintas parroquias e núcleos do noso municipio, mediante a organización e apoio ás distintas comisións de festas.
Para iso, colabora e realiza distintos programas para levar a cabo as diferentes festas que cronoloxicamente comezan en Nadal coa cabalgata de Reis, o Entroido, a Semana Santa, ademais das festas populares e patronais que se organizan nos diferentes núcleos de veciñanza.
As tradicionais cabalgatas de Reis celébranse o 5 de xaneiro, cun desfile de carrozas e co seu séquito que percorren as diferentes rúas do municipio.
O Entroido dispón dunha gran acollida nos últimos anos e ten como momento máis importante o acto organizado coa colaboración dos pubs e discotecas da zona de marcha, no que a participación é notoria e vai en aumento, onde diferentes comparsas formadas por grupos deléitannos cos seus disfraces e shows no escenario creado para a ocasión. Igualmente celébranse nestas festas os enterros da sardiña en Portonovo, o enterro da cabra en Vilalonga, que pon o punto final aos actos festivos relacionados con esta festa.
Desde o Departamento de Cultura tamén se colabora coas celebracións festivas nas diferentes parroquias, tomando como referencia as festas patronais de cada unha delas mediante subvencións.
De entre estas festas destacan:
FESTAS RELIXIOSAS
As festas en Sanxenxo na súa maioría son romarías, as cales son un tipo característico de festa que combina a relixiosidade (misa acompañada de procesión) coa festa profana (verbena, cantinas ao aire libre, folclore - gaitas e muiñeiras-, etc.).
A estas romarías tradicionalmente acudía a freguesía en busca dalgún favor, polo que ofrecían ao santo algún agasallo, destacaban animais, ovos, esmolas, ou figuras normalmente de cera, cuxa poxa contribúe ao mantemento do templo.
Outra característica das festas de Sanxenxo é que se escoitan profusamente, ao longo de todo o día, as potentes bombas de palenque que lembran a toda a veciñanza, visitantes e habitantes das poboacións próximas, que hai festa nas distintas parroquias que conforman o noso municipio, á vez que serven para honrar ao santo.
Os fogos artificiais que cumpren un labor similar resaltan maiormente o carácter festivo do festexo que se estea a celebrar. No noso municipio lánzanse fogos artificiais na festividade de San Roque en Portonovo o 16 de Agosto e en Santa Rosalía en Sanxenxo o día 4 de setembro.
A 'muiñeira', a música das gaitas, as ' pulpeiras e pulpeiros', os postos de rosquillas... son outras tantas pervivencias tradicionais que seguen sendo parte importante das festas do noso municipio.
CALENDARIO DE FESTAS
Todas estas celebracións levan consigo verbenas e actos litúrxicos. Algunhas destas datas poden sufrir cambios por pasarse á fin de semana.
FESTAS PATRONAIS DE VERÁN
++ FESTAS NA HONRA DE SAN TOMÉ:
Data: 1 de maio
Lugar: Gondar – Vilalonga
++ FESTAS NA HONRA DE SAN ANTONIO
Data: 1º fin de semana de maio
Lugar: Aios - Noalla
++ FESTAS NA HONRA DE SAN ANTONIO
Data: 13 de xuño
Lugar: Porto de Sanxenxo
++ FESTAS NA HONRA DE SAN XOÁN
Data: 24 e 25 de xuño
Lugar: Capela de Aios-Noalla
++ FESTAS NA HONRA DE SAN XOÁN E SANTA ANA
Data: 23, 24 e 25 de xuño
Lugar: O Santo - Nantes
++ FESTAS NA HONRA DE SAN PEDRO E SAN ANTONIO
Data: 28 e 29 de xuño
Lugar: Vilalonga
++ FESTAS NA HONRA DE VIRXE DO CARME
Data: 16 de xullo
Lugar: Vilalonga
++ FESTAS NA HONRA DE SAN CRISTÓBAL
Data: 10 de xullo, (celebración fin de semana mais próximo)
Lugar: Portonovo
++ FESTAS NA HONRA DE SAN ANTONIO E DA VIRXE DO CARME
Data: 19 e 20 de xullo (celebración fin de semana máis próximo)
Lugar: Dorrón
++ FESTAS NA HONRA DA VIRXE DO CARME
Data: 24 e 25 de xullo
Lugar: Noalla
++ FESTAS NA HONRA DE SAN ROQUE
Data: 14-19 de agosto
Lugar: Portonovo
++ FESTAS NA HONRA DE SAN XENXO E O DÍA DO TURISTA
Data: 24 e 25 de agosto
Lugar: Sanxenxo
++ FESTAS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DA LANZADA
Data: Última fin de semana de agosto
Lugar: Ermida da Lanzada
++ FESTAS NA HONRA DAS DORES E SAN ROQUE
Data: última fin de semana de agosto
Lugar: Dorrón
++ FESTAS NA HONRA DE SANTA ROSALÍA E DA VIRXE DO CARME
Data: 3,4 e 5 de setembro
Lugar: Sanxenxo
FESTAS PATRONAIS DE INVERNO
++ FESTAS NA HONRA DE SAN AMARO
Data: 15 e 16 xaneiro
Lugar: Arra – Portonovo
++ FESTAS NA HONRA DE SAN MIGUEL E DO ROSARIO DE ADINA
Data: 15 e 16 xaneiro (fin de semana máis próximo)
Lugar: Adina
++ FESTA DA VENDIMIA
Data: 1º sábado de outubro
Lugar: Dorrón
++ FESTAS NA HONRA DE SAN MIGUEL E DO ROSARIO
Data: 15 de outubro (celebración fin de semana máis próximo)
Lugar: Adina
++ FESTAS NA HONRA DE SANTA CATALINA
Data: 29 de novembro (celebración fin de semana máis próximo)
Lugar: Portonovo
++ FESTAS NA HONRA DE SANTA BÁRBARA
Data: 1º domingo de decembro
Lugar: Aios – Noalla
++ FESTAS NA HONRA DE SANTA EULALIA E SAN ANTONIO
Data: 6 e 7 de decembro (celebración fin de semana máis próximo)
Lugar: Nantes
++ FESTAS NA HONRA DE SAN TOMÉ (non hai verbena)
Data: 21 de decembro
Lugar: Gondar – Vilalonga
++ FESTAS NA HONRA DE SAN ESTEVO
Data: 26 de decembro
Lugar: Noalla
++ FESTAS NA HONRA A SAN XOÁN (non hai verbena)
Data: 27 de decembro
Lugar: Dorrón