Concello de Sanxenxo - Turismo náutico
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Turismo

Entramos directamente nun dos pratos fortes que ofrece Sanxenxo ao visitante: o turismo náutico. Sanxenxo debido á suavidade do seu clima todo o ano, unida aos amplos areais dos que dispón en todo o municipio, fai de Sanxenxo un enclave idóneo para a práctica de deportes náuticos.

Ao turista ofréceselle a posibilidade de practicar todo tipo de deportes náuticos como a vela lixeira ou de cruceiro, as rutas en catamarán, o surf, as canoas, o esquí-acuático, o kaiak, o submarinismo nas inmediacións do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ect.

Poucos lugares da costa española reúnen as condicións que se dan na Ría de Pontevedra para a práctica de deportes náuticos. Por iso, en Sanxenxo celébranse importantes regatas como o Trofeo Presidente Xunta de Galicia ou o Circuito Nacional Clase 6mR. A súa Maxestade o Rey Don Juan Carlos I, que afai a participar neste circuito a bordo do Bribón, encomiou en diferentes ocasións as favorables condicións que ofrece Sanxenxo para a práctica da vela. 

Sanxenxo foi seleccionado en numerosas ocasións por equipos de competición profesionais como o prestixioso Illbruck xermano, gañador da Volvo Ocean Cup, que elixiu esta auga debido á variedade de ventos e as excelentes condicións de navegación durante todo o ano. Actualmente é a base oceánica da Volvo Ocean Race.

Así, Sanxenxo dispón dun dos mellores portos deportivos da península tras a total renovación e ampliación das súas instalacións. O novo porto deportivo está dotado de 400 puntos de amarre, algúns deles con dobre finger e servizos como auga, electricidade e o travelift deportivo máis grande de Galicia (75 Toneladas), gran zona comercial con restaurantes, tendas, equipamentos náuticos, parking cuberto coroado por un espazo aberto peonil de máis de 8.000 metros cadrados.

 

DIRECTORIO NÁUTICO:

 

Puerto Deportivo Juan Carlos I:
986 720 517                       

www.nautasanxenxo.com

www.sanxenxo.es 

Club Náutico de Sanxenxo:
986 803 400                              www.rcnsanxenxo.com 
Club Náutico de Portonovo:
986 723 266 www.nauticoportonovo.com 
Cruceros Rias Baixas:
986 731 343 www.crucerosriasbaixas.com 
Eolo Sanxenxo:
986 690 940 www.eolosanxenxo.com 
Náutica Paco:
986 723 384 www.nauticapaco.es 
Naviera Mar de Ons:
986 225 272 www.mardeons.es 
Parascending:
629 807 070 www.ocionauticosanxenxo.com
Servinauta:
986 691 783 www.servinauta.com 
Yatesport:
986 721 339 www.yatesport.com 
Buceo Wayuu:
622 281 082 www.buceowayuu.es 

 

 

 

Turismo náutico