Benestar, relaxación e descanso son propostas innovadoras que se impoñen no novo modelo de turismo de Sanxenxo relacionado co coidado da saúde.
O municipio ofrece ao turista unha oferta de 10.000 metros cadrados dedicados ao descanso mediante técnicas de Talasoterapia e Spa distribuidos en catro hoteis de catro estrelas e un de tres estrelas.
Nos distintos hoteis, tanto SPA como talaso, aplícanse outros tratamentos de relax, beleza, etcétera, mediante aplicacións de barros, algas, lodos, chocolate... que xunto aos máis ou menos tradicionais masaxes, serven para completar as xornadas e facernos recuperar todas as nosas forzas para o regreso á vida cotiá.