Concello de Sanxenxo - Turismo de lecer
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Turismo

ACTÍVATE EN SANXENXO

Para as persoas amantes do mar Sanxenxo ofrece a posibilidade de practicar vela, submarinismo, windsurf ou surf nas amplas ondas das nosas praias, Montalvo, A Lanzada, entre outras. Igualmente podémonos relaxar gozando de excursións en barco pola Ría, viaxes en catamarán ás Illas de Ons, avistamentos do fondo mariño, ou presenciar eventos deportivos de gran prestixio como o Trofeo Presidente da Xunta ou o premio Príncipe de Asturias de piragüismo.

En terra, a afección ao motor pode emular aos grandes pilotos no circuito de Karts París - Dakart ou gozar dunha ruta en quad polas diferentes parroquias. Igualmente as persoas amantes dos animais poderán gozar da zona a lombos dun cabalo polas diferentes rutas equestres propostas.

Situado na zona rural a escasos quilómetros de Sanxenxo podemos atopar o campo de golf de Meis, un percorrido de 18 foxos situado nun bosque de piñeiros galegos, con amplas rúas de “lies, ”dog-legs”, lagos e obstáculos naturais, dentro dunha contorna de tranquilidade de montaña con magníficas vistas á ría. As persoas afeccionadas ao golf poden desprazarse á illa da Toxa onde dispoñen doutro marabilloso campo de nove foxos para gozar da súa paixón nun marco incomparable.

Igualmente poderás coñecer Sanxenxo polo aire practicando parascending.

 

A NOITE EN SANXENXO

A actividade nocturna é apta para todos os gustos, desde irnos de terrazas, bailar e tomar unhas copas, discotecas, ou gozar dos concertos e festas populares que enchen o calendario durante os tres meses de verán, son algunhas das múltiples opcións que ofrece Sanxenxo para gozar da noite.

No verán podemos gozar do aire libre e gozar da nosa gastronomía ou tomarnos un café nas innumerables terrazas que aparecen co bo tempo.

 

ZONA DE COPAS

Portonovo

Bares de copas balizan as rúas de Portonovo, un nutrido número de pubs onde gozar da conversación da amizade ou outros nos que bailar ata altas horas da madrugada..

Sanxenxo

En Sanxenxo seguindo a liña do mar, desde a praia de Silgar ata a entrada ao porto sitúanse diferentes locais. Se o teu é bailar, non dubides en pasar por aquí xa entrada a noite.

Porto deportivo

Máis música e máis baile de fronte ao mar, os ritmos máis novos soan nos discobares desta zona situado no moderno porto deportivo de Sanxenxo.

Discotecas

Para continuar coa marcha podémonos desprazar á zona de discotecas, onde poderás gozar ata ben entrada a noite.

 

FESTAS

  • 15-16 de Xaneiro, San Amaro en Arra.
  • 1 de Maio, Santo Tomei en Gondar.
  • Primeiro fin de semana de Maio, Vos Maios en Sanxenxo.
  • Primeiro fin de semana de Maio, San Antonio en Aios-Noalla.
  • 13 de Xuño, San Antonio en Sanxenxo.
  • 24 de Xuño, San Juan en Aios-Noalla e O Santo-Nantes.
  • 25 de Xuño, Santa Ana en O Santo (Nantes).
  • 28, 29 e 30 de Xuño, San Pedro en Vilalonga.
  • Do 15 ao 19 Xullo, O Carmen en Vilalonga.
  • 16 de Xullo, O Carmen en Baltar 18-19 de Xullo, Virxe das Dores e San Roque en Dorrón.
  • Do 21 ao 23 Xullo, San Cristóbal en Portonovo.
  • 25 de Xullo, O Carmen en Noalla.
  • 27 de Xullo, San Roque en Vilalonga.
  • Último fin de semana de Xullo, San Roque e O Carmen en Bordóns.
  • Último domingo de Xullo, San Cristóbal en Vilalonga.
  • 15 de Agosto, Festas patronais San Roque en Portonovo.
  • 16 de Agosto, Festas patronais do Carmen en Portonovo.
  • 25 de Agosto, San Xinés e Día do Turista en Sanxenxo.
  • Do 3 ao 5 Setembro, Festas patronais Santa Rosalía e o Carmen en Sanxenxo.
  • 13 de Setembro, Festas do Carmen en Bordóns.
  • Primeiro venres de Outubro, San Miguel en Dorrón.
  • 25 Novembro, Santa Catalina en Portonovo.
  • Primeiro sábado de Decembro, Santa Eulalia en Nantes.
  • Primeiro domingo de Decembro. San Antonio en Nantes.
  • 26 de Decembro, San Esteban en Noalla.

Turismo de ocio