Concello de Sanxenxo - Situación
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Turismo

Sanxenxo está situado no litoral sur occidental do val do Salnés, bañado polas rías de Pontevedra e Arousa. Cunha extensión de 44 Km2 e 17.077 habitantes, Sanxenxo dispón de 36 km. de costa que se estenden desde Punta Santa Mariña, na ría de Pontevedra, ata a Fianteira, na ría de Arousa.

No seu interior, Sanxenxo está formado por fértiles vales sobre os que se levantan pequenas formacións montañosas, debido a esta disposición topográfica crea un microclima cálido que provoca que Sanxenxo teña un clima suave e tépedo durante todo o ano cunha temperatura media de 16,5 º C.