Concello de Sanxenxo - Restos arqueolóxicos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Patrimonio

A Lanzada

Neste lugar hai que sinalar o descubrimento dunha necrópole e un castro cuxas escavacións comezaron nos anos cincuenta. O castro data do S.VIII a.C., mentres que as tumbas atopadas na necrópole corresponden a S.III-IV d.C.

No promontorio da Lanzada, ademais da Ermida (S.XII), consérvanse restos da fortaleza construída por orde do Bispo Sisnando II na segunda metade do S.X para defenderse dos frecuentes ataques dos piratas.

Castro de Dorrón

Situada na parroquia de Dorrón. Trátase dun asentamento fortificado que pertence á Idade de Ferro, S.VIII a.C. ao S.I d.C.

Monte Faro

Nesta formación montañosa consérvanse abundantes restos de necrópoles que se corresponden co final do Neolítico, entre 4.000 e 2.000 anos a. C. Están identificadas tres zonas separadas con túmulos no Monte Faro.

Chan de Gorita

Nesta zona consérvanse numerosos monumentos funerarios ou túmulos procedentes do final do Neolítico, 4.000 - 2.000 anos a.C.