Concello de Sanxenxo - Patrimonio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Patrimonio

A pedra é un elemento dominante na arquitectura de Sanxenxo. Restos de vida no Neolítico, e da Idade Media, Igrexas e capelas, algunhas de estilo románico, Pazos que reflicten un pasado señorial na zona, cruceiros, hórreos, muíños de auga e as máis recentes esculturas son un atractivo máis que ofrece Sanxenxo para o visitante.